O venres, día 9 de outubro, inaugúrase na Fundación Vicente Risco de Allariz unha mostra fotográfica realizada por Iván Merayo e titulada: Coma silvas que comen muros. O acto comeza ás 20.30 horas.
Esta serie de fotografías pretenden rescatar unha historia, como tantas, silenciada. Convertela nunha historia recuperada. Un relato destinado tanto a quen queira coñecelo como a quen non queira esquecelo. Unha lembranza imposíbel de setenta e dous anos atrás.
Para máis información: La Voz de Galicia.