O Centro Cívico A Ponte de Ourense, acolleu entre o 10 e o 30 de decembro de 2015 a exposición fotográfica “COMA SILVAS QUE COMEN MUROS”, dedicada á memoria do ferroviario Manuel Goyanes, asasinado pola ditadura franquista en 1941. Na presentación acompañáronnos a poeta Olga Novo e a dramaturga Eva F. Ferreira, que leron os poemas que fixeron para o fotolibro editado xunto á exposición.
Para máis información: ourense dixital